CCOO de Industria | 23 abril 2026.

CCOO de Industria de Galicia

D贸nde estamos

C/ María, 42, 3ª planta / 15402 Ferrol
Teléfono: 981 36 93 23

galicia@industria.ccoo.es

www.industria.ccoo.es/Galicia


23/04/2026 | CCOO Industria Galicia
23/04/26

A representación empresarial presenta unha "oferta final" inasumible que recorta dereitos en permisos médicos e dálle as costas á saúde laboral. Ante esta chantaxe, o sindicato chama á mobilización de todas as delegadas e delegados este venres 24 de abril en Vigo.

20/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Persoas traballadoras de Scania durante a folga de hoxe
  • O cadro de persoal do taller volveu paralizar a actividade os d铆as 17 e 20 de abril ante a negativa da empresa a achegar soluci贸ns. Este venres, a loita trasl谩dase 谩 r煤a cunha marcha pola N-120 para esixir o fin dos abusos e a dimisi贸n da xerencia.

A firmeza e a dignidade do cadro de persoal de Scania Ponteareas son inquebrantables. O pasado venres 17 e este luns 20 de abril, a totalidade do taller volveu secundar de forma unánime as xornadas de folga convocadas. Tras tres días de paros (13, 17 e 20 de abril), a mensaxe das traballadoras e traballadores é clara: están dispostos a levar este conflito ata as últimas consecuencias ante unha situación que se volveu completamente insostible.

16/04/2026 | CCOO Industria Galicia
CCOO Industria Galicia

Aínda que a representación empresarial move ficha con melloras económicas e unha lixeira redución de xornada, a proposta segue ignorando liñas vermellas fundamentais para a clase traballadora, como a subrogación real ou a xornada intensiva no naval.

15/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores de confiterias

A Coruña, 15 de abril de 2026 — A federación de Industria de CCOO de Galicia continúa dando pasos firmes na recuperación dos dereitos para as persoas traballadoras do sector das confiterías na provincia da Coruña. Tras a xuntanza mantida no día de onte, a negociación entra nunha fase decisiva ao pechar practicamente o bloque social e prepararse para o debate económico.

13/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores da Scania durante o corte da N-120 este Luns

O cadro de persoal do taller paraliza a actividade e corta a N-120 para esixir á multinacional o fin das sancións inxustificadas e un cambio radical na actitude da xerencia. As mobilizacións continuarán os días 17, 20 e 24 de abril.

08/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Traballadores do metal
  • A representaci贸n empresarial retirou de forma unilateral acordos previamente acadados na oitava xuntanza da mesa negociadora, presentando unha oferta posterior que segue lonxe das necesidades da clase traballadora.

O proceso de negociación do Convenio do Metal de Pontevedra atravesa un momento decisivo. Na xuntanza número oito, celebrada o pasado 7 de abril, a patronal tivo unha actitude inaceptable ao comezar o encontro retirando cuestións nas que xa se acadaran acordos na reunión anterior. Desde CCOO Industria de Galicia consideramos esta manobra absolutamente inadmisible e advertimos de que as posturas seguen moi afastadas, polo que chamamos á afiliación e aos nosos delegados e delegadas a tomar decisións na asemblea do vindeiro 10 de abril.

01/04/2026 | CCOO Industria Galicia
Convenio Confiterias A Coru帽a

A federación de Industria de CCOO de Galicia logrou que a patronal se constitúa e se sente a negociar un convenio que permanecía conxelado desde 2007. O obxectivo: recuperar o 30% de poder adquisitivo perdido e dignificar as condicións dun sector estratéxico.

25/03/2026 | CCOO Industria Galicia
25/03/26
  • CCOO valora os primeiros avances na septima xuntanza, pero advirte que 茅 o momento de redistribu铆r a riqueza e dignificar, dunha vez por todas, as condici贸ns laborais das persoas traballadoras.

O pasado 24 de marzo celebrouse a sexta xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio do Metal de Pontevedra. Por primeira vez, a representación empresarial presentou unha proposta con certo alcance. Non obstante, desde CCOO seguimos constatando que a patronal non está a asumir a verdadeira importancia deste proceso negociador.

25/03/2026 | CCOO Industria Galicia
25/03/26
  • Tras horas de intensas negociaci贸ns, ratificamos un acordo que garante o poder adquisitivo, crea unha clasificaci贸n profesional xusta e incorpora novos dereitos sociais e protocolos pioneiros. Nin un s贸 paso atr谩s!

No día de onte, 24 de marzo de 2026, tras máis de 6 horas de reunión e de intensos debates no seo da comisión negociadora do convenio de conservas de peixe, acadouse a ratificación do acordo do SIMA do 2 de febreiro. O paso máis importante da xornada foi pechar a definición definitiva da nova clasificación profesional por niveis , así como a transferencia do acordo do SIMA á redacción do novo convenio colectivo.

12/03/2026 | CCOO Industria de Galicia
Convenio Metal de Pontevedra

Despois da 6ª xuntanza da mesa negociadora, a actitude da patronal segue a ser inmobilista e "pasota" ante calquera mellora que supoña un custo económico. Dende CCOO Industria de Galicia temos claro que un sector cunha carga de traballo tan brutal e unha alta especialización necesita, dunha vez por todas, un convenio sectorial de referencia que garanta unhas condicións laborais dignas.