CCOO de Industria | 16 marzo 2026.

CCOO de Industria de Galicia

D贸nde estamos

C/ María, 42, 3ª planta / 15402 Ferrol
Teléfono: 981 36 93 23

galicia@industria.ccoo.es

www.industria.ccoo.es/Galicia


12/03/2026 | CCOO Industria de Galicia
Convenio Metal de Pontevedra

Despois da 6ª xuntanza da mesa negociadora, a actitude da patronal segue a ser inmobilista e "pasota" ante calquera mellora que supoña un custo económico. Dende CCOO Industria de Galicia temos claro que un sector cunha carga de traballo tan brutal e unha alta especialización necesita, dunha vez por todas, un convenio sectorial de referencia que garanta unhas condicións laborais dignas.

11/03/2026 | CCOO Industria Galicia
Elaborados de productos do mar
  • O texto garante incrementos retributivos contundentes para o per铆odo 2025-2029, a reduci贸n de 8 horas na xornada laboral e a inclusi贸n de protocolos de diversidade LGTBI e contra o acoso sexual ou por raz贸n de sexo.

No día de onte, 10 de marzo de 2026, a comisión negociadora do convenio colectivo estatal de elaborados de produtos do mar acadou un preacordo moi positivo para as persoas traballadoras do sector. Dende CCOO de Industria valoramos este avance que só mellora dereitos, sen ningún tipo de retroceso nin concesión patronal, garantindo importantes subidas salariais para quen co seu esforzo sostén esta industria estratéxica.

03/03/2026 | CCOO Industria de Galicia
Inmaculada Santamarta, primeira muller secretaria xeral de ccoo industria de galicia

Nun Consello Extraordinario celebrado hoxe, e en plena semana de preparación para o 8 de Marzo, a organización apoiou a Santamarta para liderar os próximos retos da industria galega.

04/02/2026
1陋 convocatoria de cursos do Plan Activa Verde
  • O pasado mes de outubro p煤xose en marcha o Plan de inserci贸n laboral Activa Verde, no que CCOO Industria-Galicia est谩 a participar xunto con outros axentes sociais e a Xunta de Galicia.

Coma xa sabedes, o pasado mes de outubro púxose en marcha o Plan de inserción laboral Activa Verde, no que CCOO Industria-Galicia está a participar xunto con outros axentes sociais e a Xunta de Galicia.

12/01/2026
Folga Conservas de peixe
  • CCOO Industria Galicia, presente na mesa de negociaci贸n estatal, advirte que non asinar谩 un convenio que perpet煤e a precariedade e a fenda de x茅nero

Hoxe celebrouse en Madrid a xuntanza de mediación no SIMA polo bloqueo do Convenio Colectivo Estatal de Conservas de Peixe. A actitude irresponsable da patronal, que se nega a avanzar en salarios e clasificación profesional, condena ás persoas traballadoras á mobilización. CCOO Industria Galicia, coa forza das súas delegadas e delegados integrados na negociación estatal, reafirma o seu compromiso total nun sector que ten un peso estratéxico no tecido industrial galego.

15/12/2025
Folga Conservas de peixe
  • CCOO denuncia un bloqueo total da negociaci贸n e advirte de mobilizaci贸ns e folgas en todo o sector

A negociación do Convenio Estatal de Conservas de Peixe entra nunha fase crítica tras a última reunión da mesa negociadora. A patronal mantén unha proposta insuficiente e pecha a porta a calquera avance real en salarios e clasificación profesional, o que leva inevitablemente ao conflito no sector

24/11/2025 | CCOO de Industria
Movilizaci贸n de las trabajadoras de Jevaso en Zaragoza
  • Para llegar al Salario M铆nimo Garantizado, la empresa que ofrece servicios integrales para la industria textil absorbe y compensa los complementos pactados. Las trabajadoras se plantan

“Cobramos menos que antes”. Así explica una delegada de CCOO la situación en la que se encuentran las tres mil personas que trabajan para Jevaso en los centros que la empresa del textil tiene en Madrid, Guadalajara, Zaragoza, A Coruña y Barcelona. La plantilla está en huelga desde anoche para exigir que uno de los principales proveedores de Inditex y Mango cumpla el convenio sectorial y deje de absorber y compensar los complementos para alcanzar el Salario Mínimo Garantizado. 

17/11/2025
25N XaNosToca
  • O sindicato intensifica a acci贸n feminista e sindical para combater todas as formas de violencia contra as mulleres, dentro e f贸ra dos centros de traballo. #NingunaMujerSola #25N

No Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, CCOO Industria Galicia súmase á denuncia colectiva contra unha realidade que segue golpeando vidas, precarizando proxectos e limitando dereitos. As violencias machistas son estruturais, e como sindicato feminista afirmamos con rotundidade: Xa nos toca actuar con máis forza ca nunca.

12/11/2025
Instalacions de Insui帽a
  • O acordo, no que CCOO xogou un papel determinante, consolida dereitos, introduce subas salariais ata 2027 e crea novos complementos e medidas sociais para toda a plantilla.

O 12 de novembro de 2025 asinouse o primeiro Convenio Colectivo de Insuiña S.L., empresa filial de Nueva Pescanova, tras máis dun ano de negociación e 35 reunións entre a dirección e a parte social, representada en parte por CCOO. O acordo supón un salto cualitativo nas condicións laborais das persoas traballadoras, incorporando melloras salariais, dereitos sociais e medidas de igualdade pioneiras no sector.

30/10/2025
15 de Outubro de 2025
  • A Sala do Social (STS 906/2025, 15 de outubro) estima os recursos de CCOO Industria e da TGSS, casa a sentenza do TSXG de 26/07/2022 e declara que as persoas de Servicarne que traballaban en Coren eran persoal asalariado de Cooperativas Orensanas SCG.

O Tribunal Supremo dictou unha sentenza clave que unifica doutrina e reforza a loita sindical contra o modelo de falsas cooperativas no sector cárnico. A resolución recoñece que Servicarne operaba como mera intermediaria de man de obra e que a empresa principal (Coren Ourense) era a auténtica empregadora. CCOO Industria de Galicia celebra este paso adiante, froito de anos de acción sindical e colaboración coa Inspección de Traballo, que consolida o camiño aberto noutros centros e territorios.