CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

CCOO de Industria esixe desbloquear o Convenio Sidero de Lugo

    Onte, en rolda de prensa, o Secretario Xeral do Sindicato Comarcal de Industria de Lugo, José Luis López, e máis o Secretario de Política Industrial en Galicia, José Hurtado, anunciaron mobilizacións inminentes para esixir unha reactivación das conversas que permitan asinar o Convenio Siderometalúrxico provincial de Lugo.

    11/02/2016. Lugo
    De non mediar o Consello Galego de Relacións Laborais, comezarán as mobilizacións.

    Este Convenio, prorrogado en vixencia desde 2013, non se renova debido á actitude obstrucionista da patronal, que se nega a asumir o compromiso aceptado polas partes de aboar os atrasos do 1,5 % desde o 1 de xaneiro de 2015.

    Agás que a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais desbloquee a situación, os catro mil traballadores e traballadoras do sector van ser chamados a mobilizarse de xeito inmediato.