CCOO de Industria | 6 febrero 2025.

CCOO gaña as eleccións sindicais nos estaleiros de Navantia da Ría de Ferrol

    Unha vez máis, os traballadores e as traballadoras renovaron a confianza en CCOO. En Fene vence por maioría simple e en Ferrol roza a maioría absoluta.

    25/06/2015. Ferrol

    Grande éxito de CCOO de Industria nas eleccións sindicais dos asteleiros de NAVANTIA.

    En Fene gaña repetindo o resultado de hai catro anos, voltando ser a forza máis votada e obtendo catro delegados.

    En Ferrol melloramos os resultados, se ben repetindo en número de delegados (11), pero co handicap de que se elixían dous representantes menos no total. Sobre un global de 23, CC.OO. colócase moi preto da maioría absoluta.

    Estaremos a altura do que nos esixen os compañeiros e compañeiras, aos que lles agradecemos o refrendo no apoio: sermos novamente forza decisiva no futuro industrial da Ría de Ferrol.