CCOO de Industria | 20 abril 2024.

Outro modelo económico e social é necesario

  • Neste 1º de Maio, o Secretario Xeral de CCOO Industria en Galicia, Víctor Ledo, fai unha reflexión sobre a necesidade de poñer en valor o papel da industria como motor da nosa economía

30/04/2020.
Víctor Ledo Suárez, Secretario Xeral CCOO Industria Galicia

Víctor Ledo Suárez, Secretario Xeral CCOO Industria Galicia

O 1 de Maio nunca será un día mais. Como cada ano, especialmente neste contexto tan complexo de excepcional dificultade para tantas e tantos traballadores, dende a Federación de Industria de CCOO reivindicamos, se cadra aínda mais forte, o papel da industria, tanto no económico como no social, como factor dinamizador que xera riqueza tanto na súa aportación directa nas condicións de traballo como polo seu efecto multiplicador no emprego. Neste preciso momento, os nosos sectores industriais estratéxicos, aínda sendo de distintos eidos, teñen un denominador común: foron declarados sectores esenciais nesta crise sanitaria.
Esta pandemia evidencia a fraxilidade na industria no país, ao deixar ao descuberto as nosa eivas na carencia de artigos de primeira necesidade logo de décadas de políticas deslocalizadoras. Pero tamén, e cómpre facer fincapé, fomos quen de reorientar e transformar a producción das nosas fábricas para dar resposta as mesmas e facer nós as máscaras e pantallas de protección, batas, respiradores, xeles desinfectantes,... E, ao tempo, garantindo o prioritario subministro de alimentos (conserveiras, cárnicas, bebidas, etc), xeración de enerxía, soporte das telecomunicación e fabricación de produtos básicos.

Desta situación tan complexa extraemos a urxencia de que cómpre mudar o sistema produtivo e darlle mais presenza a Industria camiñando cara un sistema máis sólido, capaz de resistir tanto esta tremenda crise sanitaria como crises económicas e sociais nas que está a derivar.

A conclusión da nosa organización é clara e concisa: esixir políticas industriais e enerxéticas cun forte investimento e participación pública que reforcen e fagan posible un novo modelo productivo que sente as bases dunha sociedade máis igualitaria.