CCOO de Industria | 28 abril 2024.

OFERTA TRABALLO DE ORIENTADOR/A LABORAL

  • CCOO de Industria – Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a Laboral no marco do proxecto FEAG no sector do aluminio na comunidade autónoma de Galicia.

Este é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (FSE) e co apoio dos interlocutores sociais mais representativos do sector do aluminio e o cofinanciamento do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas.

08/06/2023.

CCOO de Industria – Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a Laboral no marco do proxecto FEAG no sector do aluminio na comunidade autónoma de Galicia.

Este é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (FSE) e co apoio dos interlocutores sociais mais representativos do sector do aluminio e o cofinanciamento do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas.

Titulacións preferentes: Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía, Educación social, Traballo social, Relacións laborais e recursos humanos/graduado social.

Requisitos esixidos: Manexo de equipos informáticos: tratamento de textos, follas de cálculo, correo electrónico, internet, etc.

Valoraranse:

Lingua Galega (falada e escrita).

EXPERIENCIA EN ORIENTACIÓN LABORAL, XESTIÓN E EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE INTEGRACIÓN LABORAL.

Centro de traballo: Local de CCOO de Industria na Coruña.

As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico á dirección galicia@industria.ccoo.es antes das 14:00 horas do día 14 de xuño.