CCOO de Industria | 5 mayo 2024.

Continúa a FOLGA INDEFINIDA EN METALSHIPS

  • Os traballadores levan xa 4 días de Folga Indefinida ante o que consideran o "desmantelamento do asteleiro"

Traballadores e representantes de CCOO, UGT e CIG arrancaron en manifestación dende as instalacións do asteleiro ata a sede do Círculo de Empresarios de Galicia, organización que preside o propietario da compañía Manuel Rodríguez.

31/08/2023.
Folga Indefinida MetalShips

Folga Indefinida MetalShips

Os traballadores iniciaron unha folga indefinida este pasado luns onde reivindican o desmantelamento do asteleiro e a readmisión dos traballadores despedidos. 

José Antonio Fernández, presidente do comité de empresa en funcións do sindicato CCOO, tamén despedido, agradece a solidaridade dos traballadores das empresas auxiliares, os cales se concentraron hoxe canda eles nunha xornada de paro convocada por CCOO en solidaridade cos últimos compañeiros despedidos.

Juan Carlos López Corbacho, Secretario Xeral de CCOO Industria de Galicia, denuncia unha "persecución sindical grave" e o "desmantelamento" do asteleiro, que afonda aínda máis o problema que se percibe en todo o sector naval.