CCOO de Industria | 28 abril 2024.

ACTOS CELEBRACIÓN 10 DE MARZO FERROL

  • Ferrol, a 20 de febreiro 2024

Como todos e todas sabedes o próximo 10 de Marzo celébrase o “DÍA DÁ CLASE OBREIRA GALEGA”. A pesar de que este día é domingo, desde a CCOO Industria-Galicia queremos convidarvos a participar na manifestación que sairá de Navantia ata o monumento do 10 de Marzo ás 12,30 da mañá. Informarvos, tamén que, previamente, ás 11,00 h terá lugar a ofrenda floral institucional por parte do Concello de Ferrol.

23/02/2024.
10M Ferrol 2024

10M Ferrol 2024

Estimados/as compañeiros/as:

Como todos e todas sabedes o próximo 10 de Marzo celébrase o “DÍA DÁ CLASE OBREIRA GALEGA”. A pesar de que este día é domingo, desde a CCOO Industria-Galicia queremos convidarvos a participar na manifestación que sairá de Navantia ata o monumento do 10 de Marzo ás 12,30 da mañá. Informarvos, tamén que, previamente, ás 11,00 h terá lugar a ofrenda floral institucional por parte do Concello de Ferrol.

A continuación temos organizada unha comida no restaurante a Torilla en Serantes ás 14,30 horas (35 euros/persoa) á que poderedes apuntarvos todos e todas aquelas que queirades. Para iso é necesario que comuniquedes a vosa asistencia, antes do día 1 de marzo ao correo ucferrol@galicia.ccoo.es ou nos locais da Unión Comarcal de Ferrol.

A comida poderá pagarse a través de transferencia na conta bancaria: ES97 2080 0200 4830 4016 5696 ou a través de Bizum ao número 648.62.15.03, antes do 1 de Marzo, indicando o nome e o número de persoas que asisten.

Desde CCOO Industria-Galicia convidámosvos a sumarvos á celebración deste día.

Sobra lembrarvos que é o noso día, o día das Comisións Obreiras. Sen outro particular recibide un cordial saúdo.

J. C. LÓPEZ CORBACHO

Secretario General CCOO de Industria-Galicia 

Documentación asociada
Documentación asociada