CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

CCOO de Industria lamenta o fatal accidente ocurrido no asteleiro de Fene

  • Trasladamos as nosas condoenzas á súa familia pola irreparable perda

Durante o día de hoxe, un operario de Montajes Nervión sufriu unha mortal caída nun tanque dun dos buques en reparación no asteleiro de Fene.

19/05/2016. Ferrol
CC.OO. reitera a obriga de todos e todas de extremar as precaucións en materia de seguridade laboral

CC.OO. reitera a obriga de todos e todas de extremar as precaucións en materia de seguridade laboral

CCOO de Industria quere transmitir o seu apoio e solidariedade á familia e amigos do operario falecido. Quere tamén anunciar que fará un seguimento o máis exhaustivo posible da investigación que se realice dos feitos acaecidos. E, unha vez máis, quere manifestar alto e claro que non son gratuítas as nosas denuncias sobre as penosas condicións de traballo nos asteleiros, sobre todo as referidas ás longuísimas xornadas semanais. Simplemente, non queremos que isto de hoxe suceda nunca máis.