CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia expresa o seu pesar ante o accidente laboral que costóu a vida dun traballador onte na central de ENDESA-As Pontes

    No día de onte, 3 de maio, produciuse un accidente mortal na central térmica de ENDESA do Concello das Pontes (A Coruña). O traballador falecido traballaba na empresa auxiliar GRAVER ESPAÑOLA.

    04/05/2010.

    Ao redor das 12:30 h., o xefe de obra da compañía auxiliar GRAVER ESPAÑOLA precipitóuse desde unha altura de entre doce e quince metros, cando camiñaba por unha pasarela, cando estaba mostrando os lugares nos que tiñan que realizarse estes traballos a tres traballadors que eran os que iban levar a cabo a parte eléctrica e electrónica da obra. A investigación do dito accidente, que tivo lugar no grupo IV da central térmica, a están efectuando a Policá Xudicial da Garda Civil e a Inspección de Traballo, así como unha comisión do Comité de Seguridade e Saúde do Comité de empresa. As obras en cuestión foron axudicadas a Duro Felguera, quen, á súa vez, as subcontratóu á empresa do falecido. Nada máis ocorrir o accidente, as auxiliares que desenvolven o seu traballo no recinto de ENDESA e máis os traballadores e traballadoras da principal paralizaron a súa actividade. Hoxe está previsto tamén un paro en lembranza do traballador falecido.

    A Federación de Industria de CCOO de Galicia mostra o seu máis profundo pesar por este accidente mortal. En espera do que resolvan as investigacións abertas para esclarecer este feito, advirte que non  tolerará que, en tempos de crise como o que estamos a vivir, se recorten investimentos en materia de seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras, defenderemos o traballo seguro para todos e todas e apoiaremos as investigacións necesarias ao efecto.