CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

FORMEGA organiza unhas xornadas técnicas de prevención de riscos laborais na soldadura inoxidable

    05/07/2010.

    Coa colaboración do ISSGA e de NAVANTIA, e o financiamento da Dirección Xeral de Relacións Laborais (Consellería de Traballo e Benestar, Xunta de Galicia), FORMEGA (Fundación Galega do Metal para a Formación, Cualificación e o Emprego), celebra unha xornada técnica de prevención de riscos laborais. Estas xornadas teñen a finalidade de fomentar a mellora das condicións de seguridade e saúde o sector metalúrxico galego, e van dirixidas a asesorar ás empresas, aos delegados e delegadas e aos técnicos e técnicas de prevención do sector sobre diversas materias relevantes no ámbito da prevención de riscos laborais.

    Representantes da Administración, das organizacións sindicais e do tecido empresarial metalúrxico serán os protagonistas que se desenvolverán periodicamente durante o ano 2010, percorrendo diversos puntos da xeografía galega.