CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

A Secretaría de Saúde Laboral e Medio Ambiente da Federación de Industria de CCOO de Galicia rematou no día de hoxe un curso de Medio Ambiente no traballo

  • Contou coa colaboración da Secretaría de Formación

Na localidade lucense de Guitiriz, a Secretaría de Saúde Laboral e Medio Ambiente imparteu un curso de Medio Ambiente, que se desenvolveu os días 7, 8 e 9. O dito curso estaba dirixido a delegados e delegadas de prevención, así como a delegados/as de persoal que colaboran habitualmente con esta secretaría en temas medioambientales.

09/11/2011.

Preto de cincuenta persoas pertencentes aos sectores da Federación (metal, enerxía e minería) traballaron en grupos durante estes tres días coa fín de extraer conclusións con respecto á protección ao medio ambiente nos centros de traballo e/ou sectores.

Entre outros, os temas que se trataron foron os seguintes:

- Produtos e sustancias químicas.

- Riscos químicos e a súa repercusión no medio ambiente.

- REACH.

- Enfermidades profesionais provocadas polos riscos químicos.

- Estratexia española de medio ambiente.

Neste curso participou como monitor Chema Antuña, responsable de Saúde Laboral e Medio Ambiente da Federación Estatal de Industria, quen espuxo a estratexia sindical de Medio Ambiente.

As conslusións dos grupos de traballo servirán de base para a actualización do libro vermello de Medio Ambiente da Federación de Galicia.