CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Outro día de loito na industria galega

    Perante os dous accidentes laborais ocorridos no día de anter, a Federación de Industria de CCOO de Galicia traslada a súa condolencia á familia do traballador falecido na Central Térmica de Sabón (A Coruña) e confía na pronta recuperación do operario ferido en accidente laboral de Navantia Ferrol.

    05/04/2013. Ferrol

    De novo foi unha semana tráxica en Galicia en materia de prevención de riscos laborais. Os dous sinistros ocurridos  o pasado 4 de abril, súmanse aos accidentes acaecidos a o longo destes últimos meses.

    A Federación de Industria de CCOO reitera a necesidade de que se cumpran as normas en materia de saúde laboral, por elo insiste na necesidade de que a prevención sexa tida en conta no desenvolvemento dos procesos produtivos.

    Para CCOO é necesaria unha formación máis extensa e unha vixilancia máis estricta nol cumprimento das normas. A vida das persoas é un ben moi valioso que non debe ter prezo á hora de desenvolver as actividades laborais no posto de traballo.

    A expensas de que se realicen unhas investigacións máis profundas,  sábese que na Central Térmica de Sabón o traballador falleceu por nos utilizar a medida de protección que correspondía. No caso de Navantia Ferrol, o accidente grave produxose como consecuencia dunha caída desde certa altura.

    O desenvolvemento de boas prácticas nol seo das empresas obriga a que os representantes dos traballadores e traballadoras  sexan cada vez máis esixentes. Como o demostran estes dous accidentes, aínda estando permanentemente vixilantes, os accidentes ocorren.

    CCOO esixe unha actuación por parte da Administración Laboral máis activa, ao objecto de que as empresas se conciencien de que a prevención de riscos laborais é unha prioridade.

    A Federación de Industria de CCOO adoptará todas as medidas necesarias para esclarecer o ocorrido, esixindo as responsabilidades que procedan dos accidentes acontecidos.

    Nin un so morto máis. Nin un so accidentado máis.