CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Sindicalistas de Vigo desnúdanse perante a Delegación da Xunta pola saúde laboral

  • Alegan que as reformas poñen en perigo a integridade das persoas traballadoras

Representantes sindicais de CCOO e de UGT esppíronse o pasado 26 de abril, perante o edificio da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo para protestar polos recortes en materia de seguridade e saúde no traballo, porque poñen en perigo a integridade dos empregados.

29/04/2013. Vigo
Imaxe da protesta co gallo do día Internacional da Seguridade e a saúde no traballo.

Imaxe da protesta co gallo do día Internacional da Seguridade e a saúde no traballo.

O acto simbólico tivo lugar co motivo da celebración o domingo, 28 de abril do Día Internacional adicado á seguridade e a saúde no traballo. A súa intención é denunciar que os traballadores e traballadoras quedan espidos perante as mutuas que, ao seu xuízo, supoñen un cóctel mocivo. Advirten que, cos cambios, as compañías deixan toda a responsabilidade nos profesionais sanitarios sen ter nada que ver con todo elo.