CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Industria de CCOO de Galicia expresa o seu máis profundo dolor pola morte de dous compañeiros que traballaban en Iberpotash (Suria, Barcelona)

  • Así como todo o apoio e solidariedade ás súas familias, amigos e compañeiros

Aínda que se está pendente da investigación que esclareza as causas do dito accidente, esta Federación manifesta a súa radical repulsa aos accidentes laborais que cobran vidas dos traballadores e traballadoras, moitas veces por falla de medidas preventivas.

06/12/2013. Ferrol
A Federación de Industria de CCOO de Galicia súmase ao pesar da comunidade mineira.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia súmase ao pesar da comunidade mineira.

A comunidade mineira volve a estar de loito. Cando aínda temos na memoria o mortal accidente de León,do que non se teñen novas da investigación das causas do mesmo, novamente nos vemos laiando a morte de dous compañeiros. Sumámonos á esixencia de que se aclaren os motivos de claquer accidente laboral, nomeadamente os que teñen como consecuencia a morte das persoas, para poñer freo a estas situacións.

As medidas de prevención son fundamentais para desenvolver o traballo, non se poden regatear cartos ou esforzos neste sentido. A Administración non fai máis que poñer atrancos, sen vontade de atopar solucións, a pesar das denuncias da parte sindical, Seguiremos denunciando, investigando e loitando para que se cumpran todas as medidas de prevención, e que ir ao posto de traballo non sexa un risco vital para as persoas traballadoras.

Estas son as premisas fundamentais coas que procuramos, desde a Federación de Industria de CCOO, que non volvan a ocorrer accidentes que poden ser perfectamente evitables cando poñemos todo o noso interese en que así sexa.