CCOO de Industria | 26 abril 2024.

Este Venres 21 de xaneiro imos á FOLGA no Sector das Conservas de Peixe

  • Haberá concentracións en apoio á Folga en Vigo, Vilagarcía de Arousa e Boiro

Despois do gran éxito da manifestación Conxunta en Galicia por un CONVENIO XUSTO no sector das CONSERVAS DE PEIXE, este venres os sindicatos CCOO, UGT e CIG loitarán xuntos coas persoas traballadoras deste sector nunha folga xusta que loitará por un convenio digno.

19/01/2022.
FOLGA CONVENIO CONSERVAS DE PEIXE GALICIA

FOLGA CONVENIO CONSERVAS DE PEIXE GALICIA

“Dende CCOO de Industria témolo claro. A patronal só reacciona cando se lle presiona. Por iso, dende hai tempo vimos propoñendo ao resto de sindicatos na mesa a necesidade de implementar conxuntamente un calendario de mobilizacións e paros.”, manifesta o sindicato.

Este calendario de movilizacións comezou o 18 de decembro cunha manifestación multitudinaria percorrendo as rúas de Vilagarcía de Arousa. O calendario de movilizacións seguirá este venres 21 co Primeiro día de FOLGA XERAL NO SECTOR DA CONSERVA, comezando en algunhas fábricas o xoves en rolda de noite.

Dende CCOO chaman a toda a cidadanía a que participe nas concentracións que terán lugar nos seguintes lugares e horarios:

  • Vigo: Edf. Xunta de Galicia (Rúa Concepción Arenal Nº8) ás 10:00 horas.
  • Vilagarcía de Arousa: Praza de Galicia ás 11:00 horas.
  • Boiro: Praza do Concello ás 12:00 horas. 

O sector lembra que, durante os meses de confinamento, non deixou de traballar para abastecer á sociedade día a día, e por iso esixe agora que se valore ás persoas traballadoras con condicións dignas e xustas. Algunhas das pancartas denunciaron o seguinte: “PRECARIEDADE LABORAL, DESIGUALDADE, DISCRIMINACIÓN SALARIAL”.

Os sindicatos levan case un ano negociando o convenio colectivo estatal de conservas de peixe e, con todo, o acordo non avanza, condenando aos 30.000 traballadores e traballadoras do sector a unha precariedade constante.

“O sector das conservas de peixe é un dos que ten as peores condicións salariais de toda a cadea alimentaria, isto unido á insoportable temporalidade e á inaceptable discriminación salarial que sofren as mulleres, fan que as xustas reivindicacións oíronse hoxe de novo con toda claridade”, afirma o sindicato.

CCOO de Industria asegura que as mobilizacións non cesarán ata conseguir que o acordo teña condicións dignas e xustas: “Imos protestar, reclamar e esixir un acordo xusto no sector de conservas de peixe. Non pararemos de loitar ata conseguilo”.

As principais demandas de CCOO deben ser asumidas pola Patronal. Algunhas delas son:

-Estabilidade laboral. É necesario acabar coa alta temporalidade incluída a de ETT, s. Polo menos o 85% do persoal debe ter un contrato indefinido (fixo ou descontinuo).

-Fortes incrementos salariais e cláusula de garantía salarial ao IPC. Mellorar substancialmente o poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras.

-Poñer fin á discriminación salarial contra a muller. Equiparación salarial automática do grupo 5 co grupo 6 e modificación do sistema de clasificación profesional onde os niveis salariais atópanse entre postos de igual valor.

-Máis dereitos e permisos para poder conciliar a vida laboral e familiar e crear unha licenza retribuída para atender ou acompañar aos nosos familiares dependentes ao médico.