CCOO de Industria | 26 abril 2024.

Xa están publicadas no BOP as táboas salariais do Convenio do Metal de Pontevedra que incrementan os salarios un 6,58%.

  • Garanten o poder adquisitivo duns 30.000 traballadores e traballadoras

Para CCOO é dobremente importante este incremento salarial pois, grazas á reforma laboral, este convenio será a referencia salarial dos de empresa, de maneira que non poderán pagar menos do recollido nas táboas que se xuntan. Desde a súa entrada en vigor, os aumentos pactados no convenio do metal xa supoñen un 9 % respecto das táboas do 2019.

15/02/2022.
Xuntanza da comisión paritaria do convenio do metal de Pontevedra

Xuntanza da comisión paritaria do convenio do metal de Pontevedra

O aumento supón, de media, cen euros máis cada mes e 1400 anualmente, salienta CCOO.

Con esta suba, os salarios do convenio do metal van desde os 18.865 anuais do grupo 7 (peón, vixilante, porteiro e ordenanza) ata os 37.447 do grupo 1 (enxeñeiros e licenciados). Como exemplo, os oficiais de primeira e segunda pasarán a percibir mensualmente 96,25 euros máis e os de terceira, 89,1 máis.

Podes consultar as táboas no seguinte enlace do BOPPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra).

Todo isto tamén avala a postura de CCOO na negociación tanto do convenio colectivo como da reforma laboral, xa que sen o seu asinamento non serían posibles estas melloras.