CCOO de Industria | 26 abril 2024.

Enerxía renovable, fonte de liberdade

  • Francisco Méndez, Secretario de Cambio de Modelo Produtivo e sostibilidade do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

A guerra en Ucraína, nos ten levado os galegos a ser conscientes de que a dependencia enerxética do noso sistema produtivo, é un problema de seguridade e unha ameaza grave para a supervivencia da nosa forma de vida e dos nosos valores, do noso benestar e dos nosos empregos. non é posible manter unha sociedade desenvolvida sobre unha dependencia enerxética que ronda o ridículo .

18/04/2022.
parque-eolico-offshore-east-anglia-one-mar-norte-conecta-red-primer-aerogenerador

parque-eolico-offshore-east-anglia-one-mar-norte-conecta-red-primer-aerogenerador

Da man de golpes nas nosas facturas espertamos á dura realidade, o noso benestar, tense deixado de forma irresponsable en mans dos peores tiranos a nivel global.

Algúns falaban da excesiva presa ca que algúns, como CCOO de Industria de Galicia presionábamos a tódolos niveis, para acelerar á Transición Enerxética, non vían urxente a ameaza do cambio climático, agora están a descubrir que xa imos con moito retraso e debemos acelerar na eliminación da nosa dependencia enerxética se queremos ter futuro como sociedade desenvolvida e libre, se queremos que a nosa industria poda existir.

En Galicia, temos unhas cifras, na liña das de toda Europa (finalmente os feitos diferenciais non o son tanto) sufrimos unha dependencia de enerxía primaria que oscila entre o 75% e o 80% da consumida, e dende as administracións non se toman medidas para solucionalo. Dende o ano 2010 temos unha parálise case absoluta na instalación de enerxía eólica, son 400 MW novos en 12 anos, cando necesitaríamos ese incremento de instalacións cada ano, do recurso enerxético, que temos e podemos explotar..

CCOO de Industria de Galicia, esixe os distintos niveis da administración que se poñan de forma conxunta e coordinada mans a obra na redución da dependencia enerxética e da nosa contribución o cambio climático. 

A Xunta de Galicia debe acelerar a aprobación dos proxectos eólicos pendentes das súas resolucións, nomeadamente, que se aproben con urxencia todos os proxectos vinculados a contratos bilaterais de subministro enerxético (PPA) con instalacións industriais situadas en Galicia. Garantir o emprego, non se nos ocorre motivo máis importante.

Apoiar os proxectos de almacenamento por bombeo hidráulico en estudio, e desbloquear as trabas burocráticas que les afecten, buscando su puesta en marcha en el menor plazo de tempo posible.

Desenvolver unha política de captación de futuros proxectos industriais electrointensivos utilizando esta ferramenta e a capacidade de xeración eólica do país e posibles proxectos de almacenamento como ferramenta. Acelerar o desenvolvemento da rede de mobilidade eléctrica usando a mesma ferramenta.

Mediar entre promotores eólicos e empresas electrointensivas para fomentar o desenvolvemento de acordos bilaterais que poidan ofrecer unha visibilidade e estabilidade de prezos a longo prazo, tanto a produtores enerxéticos como a grandes consumidores.

O goberno central, debe publicar a normativa necesaria para un proceso áxil de implantación de enerxía eólica mariña, con todas as oportunidades que supón para o desenvolvemento industrial de Galicia.

CCCOO de Industria de Galicia, recorda á Xunta de Galicia que é a titular das competencias de política industrial na comunidade, é a enerxética é unha pata fundamental desta política industrial. É o momento de poñerse a traballar polo futuro industrial da nosa terra.