CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

CCOO Industria Vigo urxe ás administracións públicas a buscar unha solución para os máis de 200 traballadores de todo o Grupo Ganomagoga.

  • Este xoves 9 de marzo, celebrouse unha nova reunión do Comité de Empresa de Ganomagoga coa dirección empresarial.

A maiores e grazas á solicitude de Comisións Obreiras o vindeiro mércores 15 de marzo ás 9:30 en San Lázaro (Santiago de Compostela) vaise celebrar unha reunión bilateral coa Consellería de Economía, Industria e Innovacion, dirixida por Francisco Conde. 

09/03/2023.
ERE Ganomagoga

ERE Ganomagoga

Este xoves 9 de marzo, celebrouse unha nova reunión do Comité de Empresa de Ganomagoga coa dirección empresarial. 

A empresa notificou o inicio do período de negociación, o próximo 16 de marzo, dun ERE (despido colectivo de todo o persoal), derivado da situación da empresa, que arrastra meses de falta de traballo e liquidez. 

A maiores e grazas á solicitude de Comisións Obreiras o vindeiro mércores 15 de marzo ás 9:30 en San Lázaro (Santiago de Compostela) vaise celebrar unha reunión bilateral coa Consellería de Economía, Industria e Innovacion, dirixida por Francisco Conde. 

O Sindicato urxe ás administracións públicas a buscar unha solución para os máis de 200 traballadores de todo o Grupo Ganomagoga. 

Así mesmo, o Sindicato manifesta a súa desconfianza ante a xestión empresarial, nunha empresa que chegou a máximos de produtividade durante o 2022. É importante salientar que a empresa rematou o exercicio do ano 2021 con grandes beneficios

Comisións Obreiras participará de todas as iniciativas mobilizadoras que se vaian desenvolver nas vindeiras semanas. 

POR MALA XESTIÓN ESTAMOS NESTA SITUACIÓN 

Documentación asociada
Documentación asociada