CCOO de Industria | 27 abril 2024.

A asemblea de traballadores de CCOO do Metal de Pontevedra prevé movilizacións para desbloquear o Convenio

  • O Secretario Xeral de CCOO Industria Galicia, Víctor Ledo, achegouse á asemblea de traballadores celebrada en Vigo para analizar a situación do metal para iniciar movilizacións que desbloqueen o convenio.

Dende CCOO trasladamos que a oferta patronal é claramente insuficiente, máis aínda cando se acaba de firmar o ANC (Acordo de Negociación Colectiva) onde se platexan subas do 4% para 2023 e un 3% para casa un dos anos seguintes (2024-2025).

11/05/2023.
Asemblea CCOO Convenio Metal Pontevedra

Asemblea CCOO Convenio Metal Pontevedra

Este mércores día 10 celebrouse a 7ª reunión do convenio Provincial do Metal de Pontevedra, na mesma a Patronal trasladou a súa primeira proposta en temas claves que resumimos nos seguintes puntos.

VIXENCIA

Todas as partes estamos dacordo en falar dun convenio a 3 anos, sempre dependendo do contido total do convenio.

PROPOSTA PATRONAL XORNADA

Ano 2023 sen redución de xornada.

Ano 2024 só 4 horas de redución.

Ano 2025 só 4 horas de reducción.

Dende CCOO solicitamos unha redución total de 24 horas durante os 3 anos e lembramos que levamos dende o ano 2000 sen reducir nin unha hora.

PROPOSTA PATRONAL SUBA SALARIAL

Ano 2023 suba dun 0,5% dende a firma do convenio.

Ano 2024 suba dun 2%.

Ano 2025 suba dun 2%

Dende CCOO trasladamos que a oferta patronal é claramente insuficiente, máis aínda cando se acaba de firmar o ANC (Acordo de Negociación Colectiva) onde se platexan subas do 4% para 2023 e un 3% para casa un dos anos seguintes (2024-2025) 

CCOO reclamamos, nesta reunión, tamén a subrogación das empresas privadas, o 100% nas baixas por enfermidade, máis vacacións e a limitación dos Centros Especiais de Emprego no metal.

Próxima xuntanza o día 26 de maio.