CCOO de Industria | 8 mayo 2024.

CCOO Industria de Galicia denuncia e condena as cargas policiais durante a folga na xornada de hoxe na cidade de Vigo

  • Ferrol, a 22 de xuño de 2023

Insta ós responsables do Goberno a que se cese nos malos tratos das persoas traballadoras e reclama á Consellería de Emprego da Xunta de Galicia que tome parte en derívaa do conflito pola negociación do Convenio do siderometal de Pontevedra.

22/06/2023.
NdP Cargas Policiais Convenio Metal Pontevedra

NdP Cargas Policiais Convenio Metal Pontevedra

A Federación de Industria de CCOO de Galicia, denuncia e condena publicamente a actitude totalmente reprobable da policía (antidisturbios) na xornada de folga do metal de hoxe nas proximidades do instituto feiral de Vigo IFEVI, onde se puido comprobar a actitude retadora e provocadora da policía coas traballadoras e traballadores a quen bloqueou o paso para realizar o percorrido da manifestación que comunicaran correctamente. Desta forma e ata que o conseguiron as forzas da orde forzaron e buscaron o conflito cos traballadores, que pacificamente tentaban visibilizar a súa loita.

Para CCOO de Industria de Galicia a responsabilidade de todo o sucedido é do Delegado de Goberno en Galicia e a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, que son quen dá as ordes ás Forzas da Orde e que neste caso impediron o dereito ao exercicio de manifestación que legalmente se solicitou. Actitude esta que consideramos bochornosa, por non dicir outra cousa, por parte dos responsables dun Goberno aos que se lles presupón unha especial sensibilidade social e progresista, pero visto o visto é un mero espellismo.

Por outra banda, é incomprensible a pasividade da Xunta de Galicia en acometer os seus deberes para cun conflito laboral deste calado. É hora de que a “Consellería de promoción do Emprego eigualdade” tome cartas no asunto e abandone o seu inacción.

Por último, unha vez máis temos que censurar a actitude do responsable da patronal ASIME (Enrique Mallón) que se dedica a provocar e crispar coas súas declaracións ás persoas traballadoras. A súa irresponsabilidade alimenta a crispación deste conflito no que non se xoga nada, porque non ten empresa propia, e só dedícase a xogar co porvir da industria e os dereitos dos traballadores, practicando “terrorismo industrial” desde o seu cómodo posto de Secretario Xeral de ASIME. Sería desexable que se puxese a traballar nalgún momento e convoque aos representantes dos traballadores para realizar unha proposta digna e nos termos dos convenios provinciais do metal de Galicia. Secretaría Xeral de CCOO de Industria de Galicia.

Grupos Parlamentarios coma Unidas Podemos remitiron xa no día de hoxe unha solicitude ó Ministerio do Interior para solicitar que as forzas de seguridade do Estado utilicen a máxima contención nas súas intervencións ó respecto das movilizacións do Metal de Pontevedra, xa que as imaxes poñen de manifesto a desproporción absoluta dos medios utilizados para garantir o orde e a convivencia, afectando así ó lexítimo dereito de manifestación e ó dereito a participar nas actividades reivindicativas sindicais.