CCOO de Industria | 2 mayo 2024.

CCOO Industria Galicia gaña o xuízo contra JEALSA por despedimento dun membro do comité de empresa e Secretario Xeral da Sección Sindical de CCOO

  • Santiago, 03 de abril de 2024

A contundente Sentenza obriga á empresa para readmitir ao traballador despedido e a pagar máis dun ano de salarios de tramitación, así como a unha indemnización por importe de 50.000 euros polas represalias sufridas por levar a cabo unha conduta constitucionalmente protexida como é a da liberdade sindical.

03/04/2024.
NdP Despido Colo Jealsa

NdP Despido Colo Jealsa

O Xulgado do Social Nº 4 de Santiago dá a razón á Federación de Industria de Comisións Obreiras e declara nulo o despedimento dun membro do comité de empresa de Jealsa e Secretario Xeral da Sección Sindical de CCOO. En dita causa a Federación de Industria de CCOO acudiuse como coadxuvante do delegado despedido.

 

A contundente Sentenza obriga á empresa para readmitir ao traballador despedido e a pagar máis dun ano de salarios de tramitación, así como a unha indemnización por importe de 50.000 euros polas represalias sufridas por levar a cabo unha conduta constitucionalmente protexida como é a da liberdade sindical.

 

Neste caso concreto, o Órgano Xudicial soupo ver as artimañas urdidas pola mercantil, afirmando que “a empresa xerou e permitiu un escenario propicio para proceder ao despedimento do traballador”.  

A Sentenza, así mesmo, divisa, sen lugar a dúbida, que a escenificación e planificación do despedimento vincúlase directamente á importante actividade sindical do traballador, tanto dentro da súa empresa como membro electo da representación dos traballadores, como no sector.

 

Con esta sentencia CCOO demostra que hai que combater e pódese gañar a estas empresas que practican unha política antisindical de represalias, persecucións e ameazas con tal de baleirar de contido o labor de defensa dos dereitos das persoas traballadoras que desenvolvemos os Sindicatos a través da nosa representatividade.