CCOO de Industria | 5 febrero 2025.

Constituída a Comisión de Igualdade do Convenio de Sidero da Provincia da Coruña

    05/05/2011.

    No día de onte, mércores, 4 de maio, constituíuse a Comisión de Igualdade do Convenio Siderometalúrxico da Provincia da Coruña (que ten como vixencia os anos 2010, 2011 e 2012), co obxecto de dar cumprimento á disposición adicional segunda  do dito convenio, onde di textualmente:

    - Dando cumprimento á Lei 3/2007, crearase unha Comisión cuxo obxecto será o alcance, contido e negociación do Plan de Igualdade, elaboración dun Protocolo de Acoso Sexual e por razón de sexo. A dita Comisión deberá constituírse nun prazo máximo de catro meses desde a firma do Convenio.

    Esta Comisión de Igualdade estará formada por dous representantes de MCA-UTG e outros tantos da Federación de Industria de CCOO de Galicia, por ser os candidatos asinantes do citado convenio, e catro persoas máis por parte da Patronal.

    Por parte de UGT, os seus representantes serán Ana Belén Valiño e Juan Ramón Paseiro.

    Por parte da Federación de Industria de CCOO de CCOO, Almudena García Bravo e Miguel López Roca, máis un asesor ou asesora da Federación de Galicia.