CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

MCA-UGT, CCOO Industria e CIG Metal defenden o incremento do emprego directo e de calidade no sector do Metal, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

    Os sindicatos MCA-UGT, Industria de CCOO de Galicia (Sindicato Comarcal de Vigo) e CIG Metal, consideran que a demanda interposta por a Asociación de Empresas de Traballo Temporal (FEDETT) perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra os asinantes do Convenio Provincial do Metal de Pontevedra, busca a precarización do mercado de traballo, a transformación en temporais dos traballadores e traballadoras de sectores do metal e da industria de alta cualificación.

    23/04/2014. Vigo

    O pasado dia 4 de abril de 2014, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aceptou a trámite a demanda interposta por a Asociación de Empresas de Traballo Temporal (FEDETT) contra os asinantes do Convenio do Metal de Pontevedra, UGT, CCOO e CIG, e as asociacións empresariais asinantes ASIME, ATRA e INSTALECTRA, pedindo a impugnación do convenio no seu artigo nº 10.  A xustiza neste caso tense acelerado en tramitar e ten fixado nun tempo record o xuízo para o dia de mañá xoves, 24 de abril. Esta premura  os traballadores e traballadoras e as súas organizacións sindicais botan de menos cando dan translado  as súas demandas, que na maioría dos casos reciben fecha de xuízo por parte do TSXG  para dos ou tres anos despois. As organizacións sindicais agardamos que este feito non desvirtúe a imparcialidade da Sala no feito a dirimir, dada a súa trascendental relevancia.

    Dende as organizacións asinantes do presente comunicado consideramos que:

    1. A pretendida anulación do artigo 10  "As empresas afectadas por este convenio non poderán contratar os servizos das ETTs, excluíndo os supostos de substitución de IT, vacacións e licenzas. En calquera caso informarase aos representantes legais dos traballadores/as desta situación.?  Racha co equilibrio pretendido pólos negociadores no capitulo 2.

    Capítulo 2. Contratación e Emprego do Convenio colectivo do metalda provincia de Pontevedra,  onde se estabrecen, entre outros aspectos, unha 50% da porcentaxe mínima de emprego indefinido, e a regulación do pluriemprego, entre outras.

    3. Os denunciantes, entre outros aspectos, cuestionan a lexitimidade dos negociadores para acadar acordos na materias do seu ámbito que lles son de aplicación. O presente acordo foi ratificado o pasado mes de novembro do ano 2013, sendo a vontade dos asinantes dotar de elementos de estabilidade aos traballadores, traballadoras  e ás empresas do sector.

    4. Sendo conscientes que as organizacións  demandantes actúan tamén a requerimento de empresas do sector con intereses neste tema, as organizacións sindicais do metal mostran o seu malestar por non ter recibido ata a data ningunha proposta neste sentido, nin por asociacións empresariais nin empresas, tan só unha consulta xenérica á Comisión Paritaria dunha asesoría laboral. 


    MCA-UGT,  CCOO Industria de Vigo e CIG Metal defenderemos ata onde faga falla a calidade e estabilidade do emprego, e a garantía de que todos ós traballadores e traballadoras teñan os mesmos dereitos laborais e poidan ter a defensa axeitada dos representantes sindicais.