CCOO de Industria | 23 mayo 2025.

Esiximos unha política industrial de parte dos poderes públicos "digna de tal nome"

CCOO de Industria - Galicia concéntrase diante do edificio da Xunta de Galicia en defensa do emprego no sector

    CCOO de Industria leva observando durante anos a inacción da Xunta de Galicia ante os conflitos que viven os sectores máis representativos da industria do país: o sector siderúrxico (CELSA, ALCOA), o téxtil (ADOLFO DOMÍNGUEZ, VIRIATO), o naval (VULCANO, BARRERAS), as empresas de compoñentes do automóbil, ELNOSA, as subcontratas de Movistar (LITEYCA, MONTELNOR) e así un longo etcétera agardan políticas decididas que palíen a forte crise que están a sufrir.

     

    11/09/2016. Galicia
    CCOO de Industria - Galicia concentrada diante do edificio da Xunta de Galicia en defensa do emprego.

    CCOO de Industria - Galicia concentrada diante do edificio da Xunta de Galicia en defensa do emprego.

    O emprego nos sectores paga un prezo altísimo desta desidia por parte dos poderes públicos.

    Toda esta problemática variada e complexa é a que nos levou a convocar unha concentración o pasado venres día 9 ás 12 horas do mediodía diante do Edificio da Xunta de Galicia. Desta mobilización dan conta "La Opinión" e "El Correo Gallego" nos seus exemplares do sábado día 10.

     Temos alternativas, e están plasmadas no documento adxunto que facemos público. Se non se toma ningunha medida, é por falla de vontade poltíica.