CCOO de Industria | 26 junio 2025.

As plantas francesas do grupo (FerroPem) apoian os paros dos seus compañeiros e compañeiras españois

Os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica en Cee e Dumbría, en folga hoxe

    Hoxe 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, os compañeiros e compañeiras da planta de Ferroatlántica en Cee - Dumbría están en folga.

    10/03/2017. Ferrol
    Paro total na Fábrica de Cee

    Paro total na Fábrica de Cee

    Os motivos son ben coñecidos pola opinión pública: non aceptarán a segregación de actividades no grupo (plantas hidroeléctricas e de elaboración siderometalúrxica), e menos unha venda parcial que instale a incertidume na comarca.

    Como Ferroatlántica pertence a unha multinacional, FerroGlobe, incluímos tamén os comunicados de apoio aos paros (Appel à la Grève) dos compañeiros e compañeiras da CGT. Veñen en francés, co selo da filial gala do grupo (FerroPem), pero se entenden perfectamente.