CCOO de Industria | 26 abril 2024.

A sección sindical de CCOO e o Comité de empresa de Alu Ibérica LC cualifican de gravidade extraordinaria a situación na que se atopa a factoría.

  • Os traballadores esixiron contundencia ao Ministerio de Industria propoñendo a intervención por parte do Estado.

04/05/2020.
Sección sindical de CCOO en Alu Ibérica LC

Sección sindical de CCOO en Alu Ibérica LC

Mediante unha nota de prensa publicada no día de onte, o Comité de empresa de Alu Ibérica LC cualifica de gravidade extraordinaria a situación na que se atopa a planta de aluminios de A Coruña despois de que o Grupo Industrial Riesgo se fixera co seu control.

Destacan ademais, que en Avilés as administracións locais e autonómicas están a defender a viabilidade da sua planta; e que os traballadores da factoría da Coruña esixiron aos responsables do Ministerio de Industria que obrara con contundencia, propoñendo como solución a intervención das duas empresas por parte do Estado para ser xestionadas polo SEPI, e así asegurar os investimentos comprometidos e levar a cabo o proxecto industrial que garanta a viabilidad da actividade industrial e o mantemento da totalidade dos empregos.