CCOO de Industria | 6 julio 2025.

CCOO INDUSTRIA -GALICIA advirte ás Administracións que a postura de absoluta pasividade de ALCOA na Mesa Multilateral, pode agochar unha estratexia de lograr a morte das plantas por inacción.

  • CCOO Industria insta ás Administracións tanto Central como Autonómica a actuar con máis contundencia dando un paso máis no seu compromiso cos traballadores e traballadoras de Alcoa e as súas auxiliares, con toda a comarca da Mariña e co conxunto de Galicia.

29/12/2020.
Alcoa

Alcoa

A Mariña, 29 de decembro.-  Onte celebrouse outra reunión da Mesa Multilateral convocada de urxencia polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, na cal participaron as Administracións central e autonómica, a representación dos traballadores e traballadoras en Alcoa San Cibrao. Tamén contou coa presenza  de José Manuel Casado, responsable de Política Industrial de CCOO Industria no ámbito estatal e Víctor Ledo Suárez, Secretario Xeral de CCOO Industria en Galicia 

 

Unha vez máis, e como vén sendo habitual, a pasividade da empresa durante toda a reunión foi a nota destacada da dita xuntanza. O Presidente de Alcoa, o Sr. Álvaro Dorado, lonxe de recoñecer a estratexia errada da súa empresa, mantivo a mesma postura inmobilista dende o mes de maio, desprezando, en todo momento, o sistema xudicial do noso país.

 

Pola súa parte as Administracións, aínda que confirmaron que están dispostas a seguir negociando con ALCOA todo o necesario para conseguir una solución de consenso para garantir o emprego, dende a CCOO Industria de Galicia votamos en falta unha intervención máis contundente a estas alturas do proceso cunhas medidas cautelares e a nulidade dun ERE conseguidos polos traballadores e traballadoras sen precedente algún. 

 

Tanto Casado como Ledo advirten que a pasividade amosada pola empresa pode ir dirixida a deixar morrer as plantas como estratexia alternativa ó proceso de despedimento colectivo anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Neste sentido cren necesaria unha intervención e vixilancia dura por parte das Administracións para que non podan levar a cabo eses plans.