CCOO de Industria | 10 julio 2025.

CCOO INDUSTRIA -GALICIA esiximos á actual Dirección de AluIbérica a inmediata readmisión da compañeira despedida e a retirada dos expedientes disciplinarios ós delegados de CCOO por inxustificados

  • CCOO Industria de Galicia denunciamos que as prácticas delictivas da Dirección de Aluibérica e esiximos ós Gobernos Centrais e da Xunta que interveñan de maneira inmediata, decidida e contundente para darlle solución ó conflito. Tamén esiximos ó Ministerio de Industria, como corresponsable da situación industrial actual da planta, a intervención da mesma de maneira inmediata.

04/01/2021.
Aluibérica A Coruña

Aluibérica A Coruña

A Coruña, 4 de xaneiro 2021.-  CCOO Industria de Galicia denunciamos as prácticas que, la Dirección de Aluibérica , está levando a cabo na planta de A Coruña  nos últimos días, quedando en evidencia, unha vez máis, a súa actitude irresponsable e ruín que, este suposto grupo industrial, está levando a cabo contra o conxunto das persoas traballadoras con intimidacións constantes, menoscabando as relacións profesionais e poñendo en risco o futuro industrial da empresa.

CCOO Industria Galicia non consentiremos que estas prácticas, máis propias de mafiosos que de unha Dirección empresarial, lles permita alcanzar o seu verdadeiro obxectivo que non é outro que o desmantelamento da planta en A Coruña co maior beneficio utilizando actitudes camorristas que chegan, incluso, a facer montaxes falsos que comprometen ós delegados de Comisións Obreiras, sen ningún tipo de escrúpulos. 

O pasado 17 de decembro, a Dirección de Aluibérica obriga á traballadora responsable do comedor a acudir ás oficinas de persoal co fin de comunicarlle o seu despido por causas disciplinarias. Estes feitos prodúcense vulnerando o dereito de esas traballadora con actitudes de coacción e sen respectar, nin tan sequera, o procedemento establecido legalmente para estes casos.

A traballadora despedida leva 30 anos realizando o seu labor nesta empresa dunha maneira totalmente profesional sen haber tido ningún tipo de problema xamais. Detrás deste despido atópase a intención da Dirección da empresa de externalizar o servicio para conseguir un maior lucro sabendo que o seu contrato de compra-venta con Parter lle impide realizar ningún despedimento agás dos disciplinarios.

Ó mesmo tempo, a representación legal dos traballadores, ó ser informados do sucedido, se desprazou ás oficinas onde se estaban producindo os feitos, co fin de xestionar a situación da mellor maneira posible e informar á Dirección da empresa do procedemento legalmente establecido para realizar este tipo de despidos. A Dirección da empresa responde de maneira autoritaria e agresiva negándose, en todo momento, a respectar os dereitos legais dos traballadores e expulsando á RLT das oficinas. Ó mesmo tempo realiza unha falsa acusación de agresión ás persoas que alí se atopaban, abrindo un expediente sancionador a catro delegados de Comisións Obreiras

Ante esta situación, os delegados de CCOO, xunto co resto do Comité de Empresa, acordaron, por unanimidade, a convocatoria de folga indefinida a cal foi apoiada por aclamación masiva da asemblea de traballadores e traballadoras ata que a compañeira fora readmitica.

Dende CCOO Industria non consentiremos que a Dirección de Aluibérica sigan atacando as persoas traballadoras e que acaben coa actividade desta empresa de aluminio primario en A Coruña que tanto sacrificio supuxo para o conxunto da clase traballadora de A Coruña a súa continuidade cando Alcoa pretendeu, sen logralo, pechala.