CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

CCOO Industria apoiará os proxectos mineiros que cumpran escrupulosamente coa normativa ambiental e impulsen a economía das comarcas

  • Dende a Federación de Industria de CCOO de Galicia mostramos o noso respaldo aos proxectos mineiros que cumpran escrupulosamente coa normativa ambiental estatal, en liña coas máis garantistas de Europa

A Federación de Industria de CCOO mostramos o noso respaldo aos proxectos mineiros que cumpran escrupulosamente coa normativa ambiental estatal, en liña coas máis garantistas de Europa, nos que sexa posible realizar un control diario da actividade e que redunden en positivo sobre a economía dos lugares nos que se implanten apostando en firme polo compoñente local. 

14/10/2021. CCOO Industria Galicia
Mesa Redonda Minería Sostenible de Galicia

Mesa Redonda Minería Sostenible de Galicia

A economía mundial, e con ela os petos da clase traballadora, leva varios meses padecendo os vaivéns descontrolados e as alzas de prezos nos mercados de materias primas. Esta situación pon en xaque a todos os sectores económicos: do industrial aos transportes, poñendo en perigo tamén a necesaria modernización dos servizos públicos.

No epicentro desta problemática está o impulso imprescindible á transición enerxética que demanda grandes cantidades de materias primas para electrificar a sociedade como requisito necesario para a migración a fontes de enerxía máis limpas. A maiores, a imparable ‘tecnoloxización’ da nosa vida diaria e dos procesos produtivos demanda unha cantidade crecente de materiais semiconductores e outros minerais pouco comúns dos que no noso Estado existen abundantes reservas. Neste punto, convén fixar a mirada nos países nórdicos, onde a actividade mineira é clave no seu éxito económico e responde as necesidades de responsabilidade social e ambiental con procesos de extracción mineira sostibles.

Por iso desde a Federación de Industria de CCOO mostramos o noso respaldo aos proxectos mineiros que cumpran escrupulosamente coa normativa ambiental estatal, en liña coas máis garantistas de Europa, nos que sexa posible realizar un control diario da actividade e que redunden en positivo sobre a economía dos lugares nos que se implanten apostando en firme polo compoñente local. Será imprescindible establecer mecanismos de control para auditar tanto os indicadores ambientais como o destino dos investimentos para asegurar a repercusión positiva nas comarcas nas que se implantan, todo iso coa participación de CCOO Industria.

Dende CCOO Industria avogamos polo aproveitamento desta oportunidade a condición de que se cumpran os máis altos estándares de excelencia técnicos, ambientais, sociais e en definitiva éticos e instamos á Xunta a que os evalúe cos criterios técnicos e ambientais máis esixentes.

Abandonemos a hipocrisía de gozar das comodidades que proporcionan os materiais extraídos noutros países, e pechar os ollos ás súas condicións sociais e ambientais moitas veces inasumibles desde unha formulación ética e doutra banda rexeitar unha extracción sostible e con condicións laborais dignas, que xeran beneficios en proximidade. Consideramos que para acometer novos proxectos extractivos debe sopesarse o beneficio global para a comunidade e o emprego de calidade, sobre a base de criterios técnicos e científicos, afastados de prexuízos, convén aproveitar a oportunidade socioeconómica desde o rigor e a esixencia. 

Enlaces relacionados

Enlaces relacionados