CCOO de Industria | 26 abril 2024.

Se non se aposta polo impulso ás renovables e ó asteleiro, a comarca será un deserto industrial.

  • Víctor Ledo fai un repaso á situación industrial de Ferrolterra con respecto á situación das empresas electrointensivas, das empresas produtoras de enerxía e o impulso que precisan as enerxías renovables e o asteleiro.

Víctor Ledo fai un repaso á situación crítica pola que atravesa a comarca de FerrolTerra. En esta entrevista fai un resume da situación pola que atravesan as empresas electrointensivas, a reactivación da central de As Pontes, á situación dos altos prezos da enerxía onde a factura eléctrica leva a unha situación insostible á industria e pon de manifesto o necesario impulso que precisan as enerxías renovables e a necesaria renovación dixital e a construción do dique que precisa o asteleiro.

19/10/2021.
Grúas Navantia Ferrol de noche.

Grúas Navantia Ferrol de noche.

Víctor Ledo, Secretario Xeral de CCOO Industria de Galicia, expón en esta entrevista a Isidoro Valerio en RadioVoz Ferrol a cruda realidade pola que atravesa a Industria na comarca de Ferrolterra e Galicia.

En esta entrevista fai un repaso á situación das empresas electrointensivas, á situación dos altos prezos da enerxía, onde CCOO solicita reunión urxente ó Ministerio de Transición Ecolóxica para implantar de maneira urxente medidas propostas pola UE debido ós altos prezos das enerxías. A forte dependencia do gas e unha tarifa enerxética errónea, fai que a factura eléctrica nos leve a unha situación insostible á industria e pon de manifesto o impulso que precisan as enerxías renovables.

A posible reactivación da central de As Pontes, onde cre que sexa coxuntural para atender unha posible falta de suministro durante o inverno e debido ó alto prezo actual do gas.

Expón tamén a opinión que CCOO Industria de Galicia ten sobre os presupostos xerais do estado e a situación decepcionante e inxustificable que estes presupostos non teñan nin un só euro para proporcionar un futuro para Navantia e a obra tan importante como é a renovación dixital e a construción do dique. Falta claramente valentía política e peso político, non só para isto, senón tamén para o tren do eixe atlántico e a situación que está a vivir a Industria de Galicia.

A Comarca de Ferrolterra a nivel industrial está na UCI, camiño de ser un deserto industrial, se non se remedia por medio do desenrolo das enerxías renovables e os recursos do asteleiro será a morte de unha comarca enteira.

Escoita as declaracións de Víctor Ledo, Secretario Xeral CCOO Industria Galicia neste enlace.

Enlaces relacionados

Enlaces relacionados