CCOO de Industria | 28 marzo 2024.

CCOO convocará mobilizacións e paros no convenio estatal de conservas de peixe

    CCOO de Industria, témolo claro. Esta Patronal como a maioría, só reacciona cando se lle aperta. Por iso, levamos propoñendo dende fai tempo ó resto de sindicatos na mesa a necesidade de poñer en marcha de forma conxunta un calendario de mobilizacións e paros. Sen embargo, ata a data non foi posible. 

    26/11/2021.
    Mujeres trabajando en la planta de una conservera en Rianxo (A Coruña)
ANXO IGLESIAS

    Mujeres trabajando en la planta de una conservera en Rianxo (A Coruña) ANXO IGLESIAS

    Levamos case un ano negociando o convenio colectivo estatal de conservas de peixe. O convenio non avanza, e o que hai enriba da mesa, é máis do mesmo. Polo que seguirá condenando á precariedade ás 30.000 persoas traballadoras do sector. Así como persistirá a situación de fenda e discriminación salarial e profesional que sofren as mulleres a pesar de realizar traballos de igual valor que os realizados maioritariamente polos homes do sector. 

    CCOO de Industria, témolo claro. Esta Patronal como a maioría, só reacciona cando se lle aperta. Por iso, levamos propoñendo dende fai tempo ó resto de sindicatos na mesa a necesidade de poñer en marcha de forma conxunta un calendario de mobilizacións e paros. Sen embargo, ata a data non foi posible. 

    A pesar de elo, CCOO fará un novo intento co resto de sindicatos na próxima reunión de negociación de convenio prevista para o 30 de novembro e 01 de decembro. Iremos con unha proposta aberta e flexible no que respecta a cando e con que intensidade teñen que ser las mobilizacións e paros ó obxecto de intentar o consenso. Non obstante, se os outros dous sindicatos seguen ca mesma estratexia de solo negociar sen presión. CCOO poñerá en marcha un proceso de participación, mobilización e paros para o conxunto das persoas traballadoras. Ó obxecto de poñer a súa disposición unha ferramenta para protestar, reivindicar e exixir que este convenio teña unhas condicións dignas e xustas. 

    Levámolo dicindo na nosa campaña #PescarDerechos, é agora ou nunca. As principais reivindicacións de CCOO teñen que ser asumidas pola Patronal. Sendo algunhas delas as seguintes: 

    - Estabilidade no emprego. Hai que rematar coa alta temporalidade incluída a de ETT,s. Ó menos o 85% do cadro de persoal teñen que ter un contrato indefinido (fixo o fixo descontinuo). 

    - Fortes incrementos salariais e cláusula de garantía salarial ó IPC. Mellorando substancialmente o poder adquisitivo das persoas traballadoras. 

    - Acabar coa discriminación salarial que sofren as mulleres. Equiparación salarial automática do grupo 5 co grupo 6 e modificación do sistema de clasificación profesional onde os niveis salariais sexan entre postos de igual valor. 

    - Máis dereitos e permisos para poder conciliar a vida laboral coa familiar. Como crear un permiso retribuído para asistir ou acompañar ós nosos familiares dependentes ó médico.