CCOO de Industria | 20 abril 2024.

Éxito rotundo no 1º día de Folga do Metal na Provincia da Coruña

  • Milleiros de traballadoras e traballadores do sector secundaron a folga convocada polos 3 sindicatos.

Milleiros de traballadores participaron no piquete da folga, concentrándose principalmente nas primeiras horas da mañá, nas entradas das fábricas de Alumán e do antigo Grupo Camaño, logo discorreu polo polígono da Grela e culminou nunha multitudinaria manifestación dende a Casa do Mar ata a Confederación de Empresarios onde se levan a cabo as reunións do convenio.

05/05/2022.

URL | Código para insertar

Folga do Metal da Coruña

Folga do Metal da Coruña

A folga do metal foi todo un éxito, o que indica que se intesificarán as protestas para os vindeiros días de folga no sector do metal.

Os próximos días 12, 18 e 19 de maio, as 3 centrais sindicais aseguran que as protestas irán a máis, e vendo o gran éxito da primeira xornada de folga, non se dubida que as folgas do resto das xornadas de folga volverán a ser un éxito e prometen que as protestas aumentarán de intensidade se a patronal non cede nas súas pretensións.

Entre outros puntos, o máis destacado que se está a reivindicar son o mantemento do poder adquisitivo e o dereito á subrogación.

Nesta nova atoparedes unha galería de imaxes e un vídeo dos acontecementos da primeira xornada de folga.