CCOO de Industria | 19 abril 2024.

O 2º día de Folga do Metal na Provincia da Coruña volve a ser un éxito

  • Milleiros de traballadoras e traballadores do sector secundaron a folga convocada polos 3 sindicatos.

Milleiros de traballadores participaron no piquete da folga, concentrándose principalmente nas primeiras horas da mañá, novamente nas entradas das fábricas de Alumán e desta vez un dos obxetivos principais foi a fábrica da Estrella Galicia, logo discorreu polo polígono da Grela o que provocaba que os centros de traballo pechasen grazas ó piquete.

12/05/2022.

URL | Código para insertar

Folga Metal A Coruña 12-5-22

Folga Metal A Coruña 12-5-22

A folga do metal volve a ser nesta 2ª xornada todo un éxito, o que indica que se intesificarán as protestas para os vindeiros días de folga.

Os próximos días 18 e 19 de maio, as 3 centrais sindicais aseguran que as protestas irán a máis. Sendo o día 18 o día no que os sindicatos concentrarán tódalas súas forzas na zona da Coruña onde se prevé unha gran manifestación provincial que atraerá ás traballadoras e traballadores do metal do resto da provincia.

Entre outros puntos, o máis destacado que se está a reivindicar son o mantemento do poder adquisitivo e o dereito á subrogación.

Nesta nova atoparedes unha galería de imaxes e un vídeo dos acontecementos da primeira xornada de folga.