CCOO de Industria | 26 abril 2024.

O 5º día de Folga do Metal na Provincia da Coruña volve a ser un éxito

  • Milleiros de traballadoras e traballadores do sector secundaron a folga convocada polos 3 sindicatos.

Milleiros de traballadores participaron no piquete da folga, concentrándose principalmente nas primeiras horas da mañá, novamente nas entradas das fábricas de Alumán, Kimak (antiga Camaño) e talleres de Nervión, logo discorreu polo polígono da Grela o que provocaba que os centros de traballo pechasen grazas ó piquete. Mañá o piquete e manifestación concentrarase na zona de Carballo.

07/06/2022.

URL | Código para insertar

Folga Metal 5-6-22

Folga Metal 5-6-22

A folga do metal volve a ser nesta 5ª xornada todo un éxito, o que indica que se intesificarán as protestas para os vindeiros días de folga de mañá e pasado.

As 3 centrais sindicais aseguran que as protestas irán a máis. Mañá o piquete e a manifestación principal trasladarase ó polígono de Bértoa, en Carballo.

Foi imposible facer comprender á patronal da necesidade de que os nosos salarios véxanse revisados conforme ao IPC do 2021.Despois de tentalo durante toda a mañá de onte, esta patronal insiste en que non poden asumir unha actualización das táboas salariais do 2021 co IPC resultante (6,5%).A maiores, tampouco ve posible o incremento proposto pola parte social para o 2020 do 0,5%, empeorando así a revalorización dos salarios.

DEBEMOS ESIXIR QUE OS SALARIOS SEXAN REVALORIZADOSSe cedemos nas súas pretensións o primeiro ano no que a inflación se viu disparada. Que nos sucederá nos próximos anos?

NIN UN PASO ATRÁS , seguimos en folga, 7,8,9,28,29 e 30 de xuño.  POLO DEREITO a MANTER E REVALORIZAR Os SALARIOS   

Nesta nova atoparedes unha galería de imaxes e un vídeo dos acontecementos da primeira xornada de folga.