CCOO de Industria | 27 abril 2024.

ACORDO NO CONVENIO DO METAL DA CORUÑA 2020-2025

  • Garante o poder adquisitivo, consegue a subrogación e frea a precarización

A Unidade Sindical logra despois de 7 xornadas de Folga un Convenio do Metal para a Provincia da Coruña que avanza en salarios, en dereitos e frea as pretensións da patronal. 

29/06/2022.
Asemblea Convenio Metal en Ferrol

Asemblea Convenio Metal en Ferrol

CCOO de Industria ven de Celebrar asembleas de traballadores no conxunto da provincia da Coruña onde o conxunto das traballadoras e traballadores aceptaron a proposta presentada polo mediador rozando a unanimidade dos votos. 

-Conséguese a SUBROGACIÓN: Acépatse o texto do convenio de Lugo proposta polos sindicatos. Unha liña vermella para CCOO. 

-Redúcese a xornada laboral en 8 horas de traballo (1.752 horas) e aumenta 1 día de vacacións (24) a partir de 2023.

-Conséguese a DESCONEXIÓN DIXITAL: Acéptase a proposta feita por CCOO. 

-Fréase a intención de precarizar as condicións laborais en base á flexibilización da xornada laboral. 

INCREMENTOS SALARIAIS:

2021: 4,5% incremento salarios do 2019 co 4,5%.

2022: 4% con cláusula de revisión salarial ó IPC real + atrasos ó cruce

2023: 3% con cláusula de revisión salarial ó IPC real + atrasos ó cruce

2024: 2% con cláusula de revisión salarial ó IPC real + atrasos ó cruce

2025: 1,5% con cláusula de revisión salarial ó IPC real + atrasos ó cruce

Garántese o pago dun diferencial do 2% sobre o IPC real dos anos 2022 ao 2025, actualizando as táboas e xerando atrasos dende 1 de xaneiro de 2025