CCOO de Industria | 19 abril 2024.

O METAL de OURENSE consegue un 15% de incremento despois de 16 días de FOLGA

  • Un fito histórico o que acadaron as traballadoras e traballadores do Metal de Ourense, despois de 16 días de folga, 14 deles de carácter indefinido.

CCOO Industria Ourense foi clave para esta loita obreira, agradece e recoñece o esforzo de tódalas persoas traballadoras do metal de Ourense, e declara que esta loita obreira que percourreu as rúas e polígonos de Ourense sen dúbida marcou un antes e un despois, agradece tamén o apoio de tódalas delegadas e delegados de CCOO de Ourense e o apoio de CCOO Industria Galicia.

18/10/2022.
Asemblea Pre-acordo Convenio Metal Ourense 2022-24

Asemblea Pre-acordo Convenio Metal Ourense 2022-24

Despois de 16 días de intensa folga, 14 deles de carácter indefinida, as traballadoras e traballadores do Metal de Ourense alcanzan un preacordo que satisfai as súas reivindicacións. Un CONVENIO no Metal de Ourense que moitas traballadoras e traballadores do sectar califican como de unha loita histórica na provincia.

O preacordo foi ratificado por unha amplísima maioría que desbordou o salón de actos da Casa Sindical.

O que será o vindeiro convenio do metal de Ourense, recolle como puntos clave que deron lugar á súa firma os seguintes:

Incremento Salarial de 15% en 3 anos:

2022 un 5% con atrasos dende xaneiro.

2023 un 5,5% 

2023 un 4,5%

Novo cálculo do plus de nocturnidade que implica un incremento importante.

Cláusula de revisión salarial con un máximo do 18% nos 3 anos de vixencia do convenio se a suma do IPC dos 3 anos excedese o 15%.

Reducción de xornada:

8 horas consolidadas de redución de xornada no 2023.

Un día de libre disposición no 2023 e outro no 2024.

Recolle tamén o dereito de acumulación de horas de lactancia nun permiso de 15 días.

Uns puntos clave que para os sindicatos, recolleu o esixido. CCOO de Industria de Ourense recoñecen e agradecen o esforzo de tódalas traballadoras e traballadores do metal, os delegados e delegadas que participaron nos piquetes e manifestacións e a CCOO Industria de Galicia.