CCOO de Industria | 27 julio 2024.

XORNADA DE PECHE DO PROGRAMA FEAG EMPREGANAV ONDE CCOO INDUSTRIA-GALICIA PARTICIPAMOS COMO ENTIDADE COLABORADORA.

    A instancia da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción Económica, celébranse as Xornadas de peche do proxecto EMPREGANAV nas localidades de Ferrol e Vigo onde CCOO Industria Galicia participamos como entidade colaboradora. 

    07/11/2022.
    Xornada de Peche EMPREGANAV CCOO-INDUSTRIA-GALICIA

    Xornada de Peche EMPREGANAV CCOO-INDUSTRIA-GALICIA

    Ferrol, 7 de novembro.- Nestas xornadas contarase coa participación das persoas participantes do proxecto que exporán a súa experiencia e como o proxecto repercutiu na mellora da súa empregabilidade. Ademais ás persoas participantes que asistan á xornada se lle entregará un certificado personalizado onde se plasmará toda a súa participación no marco do proxecto. 

    Entre agosto do 2020 e agosto do 2023, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa colaboración das organizacións empresariais e sindicais, entre elas CCOO Industria-Galicia, levaron a cabo as actividades correspondentes ao proxecto “empregaNAV”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG). 

    O programa empregaNAV tivo como principal obxectivo crear recursos de fomento da inserción laboral especificamente orientados ás problemáticas das persoas que foron despedidas entre o 23 de maio de 2019 e o 23 de febreiro de 2020 no sector naval en Galicia, velando polo carácter personalizado destas, xa que o obxectivo último foi o de asegurar a inserción do maior número de persoas posibles. 

    As Xornadas de peche do proxecto EMPREGANAV terán lugar nas localidades onde residen a maioría das persoas participantes, en concreto: 

    10 novembro 2022. 18:30 h-20:00 h

    VIGO. Autoridade Portuaria de Vigo. Peirao de Transatlánticos. Edificio sesións. 

     23 novembro 2022. 18:30 h-20:00 h

    FERROL. Auditorio de la Delegación territorial de la Xunta de Galicia. Praza Amada García s/n 15403 Ferrol (Praza de España – ao lado da cafetería Avenida) 

    Co obxectivo de ampliar a información exposta, indicase enlace ao programa detallado da xornada. 

     Programa Xornada de Vigo:

    Inscríbete a través desta ligazón: https://forms.gle/mDH5pXqQF3BAfuqTA 

     Programa Xornada de Ferrol:

    Inscríbete a través desta ligazón: https://forms.gle/cmzEEXYK6n3oDtJGA