CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

CCOO Industria Galicia xunto cos delegados de distintas empresas que representan a máis de 5000 traballadores en Galicia, manifestan o seu apoio e impulso ás enerxías renovables e principalmente o Sector Eólico.

    CCOO Industria Galicia xunto con presidentes de comités e delegados do sindicato das principais industrias afectadas pola enerxía en Galicia como Alcoa, Navantia, Gamesa, Endesa, Nervion, Celsa Atlantic, Showa Denko e Maesa manifestan o seu apoio sen ningún tipo de fisuras ó Sector Eólico. 

    12/11/2022.
    Rolda de Prensa a favor da Eólica en Galicia.

    Rolda de Prensa a favor da Eólica en Galicia.

    CCOO de Industria Galicia reúne a representantes dos traballadores do sindicato das principais industrias afectadas pola enerxía en Galicia como Alcoa, Navantia, Gamesa, Endesa, Nervion, Celsa Atlantic, Showa Denko e Maesa para manifestar o seu apoio sen ningún tipo de fisuras ó Sector Eólico. 

    CCOO de Industria de Galicia e os representantes dos traballadores en empresas industriais que afectan a máis de 5000 traballadoras e traballadores de forma directa e indirecta en Galicia, mostran o seu apoio e piden un impulso para a Eólica, tanto terrestre como mariña, que poida dar continuidade a estes postos de traballo e sirva de impulso para o asentamento de novos proxectos industriais que serían xeradores de miles de novos postos de traballo.

    Destacan que asociacións ecoloxistas como Greenpeace defenden sen ningún tipo de duda nin complexo o desenrolo da eólica. Instan á Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) a que desista do que parece unha táctica política de corto plazo para que o BNG dispute o voto rural ó PP a golpe de mentir, engañar e tirar contra o sector eólico como ferramenta e non parece responsable que se poñan en risco proxectos industriais que afectan a miles de postos de traballo. 

    Afirman, ademáis, que en ningún caso existe un choque de interese entre o desenrolo de novos parques co outras actividades económicas como poidera ser a pesca e a eólica mariña.

    Agora mesmo, a industria de Galicia está en seria crise debido ós prezos da enerxía, actualmente ven de producirse o peche de AluIbérica, a parada de Alcoa, Celsa Atlantic, Ferroatlántica, etc

    Por todo isto, por criterios mediambientais coma o cambio climático, para impedir que cheguemos ó punto de non retorno, para deixar atrás a dependencia enerxética que encarece os prezos da enerxía e para que sexan unha realidade os contratos bilaterais que den viabilidade á industria existente e ós proxectos industriais que agora mesmo están en risco, CCOO de Industria de Galicia e representantes de distintas empresas que afectan na actualidade a máis de 5000 postos de traballo, esixen ás administracións autonómicas e centrais que impulsen de forma coordinada e que se poña énfasis en aprobar os proxectos de maneira urxente para que non corran risco os plans enerxéticos. Así mesmo piden tamén que todos os grupos do parlamento galego apoien sen fisuras estes proxectos.