CCOO de Industria | 16 junio 2024.

Os antigos traballadores da factoría de Alu Ibérica anuncian que reanudarán as mobilizacións a partir do próximo martes ás 11:00 horas

  • Rolda de Prensa ante a Subasta Fallida en Alu Ibérica e denuncian tamén a falta de cobro das indemnizacións dos despidos.

Os antigos traballadores da factoría de Alu Ibérica, antiga Alcoa, anuncian que reanudarán as mobilizacións a partir do próximo martes ás 11:00 horas diante da fábrica ante o que consideran unha incompetencia manifesta do Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia. Isto é debido a que non houbo proposta ningunha na subasta celebrada a semana pasada despois de que o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixese que os terreos de Alu Ibérica eran interesantes a semana antes durante a visita á fábrica veciña Resonac, antiga Showa Denko.

09/03/2023.
Rolda de Prensa ex-comité AluIbérica

Rolda de Prensa ex-comité AluIbérica

Durante a conferencia de prensa que se pode escoitar no audio en esta mesma noticia, López Corbacho, antigo presidente do comité de AluIbérica, do sindicato CCOO, asegurou que para o antigo persoal de Alu Ibérica foi unha sorpresa que non houbese "ningunha proposta" empresarial na poxa celebrada a semana pasada para adquirir a planta de fabricación de aluminio. "O Ministerio de Industria e Xunta de Galicia sempre nos dixeron que había posibilidades de solucións industriais. Constátase unha vez máis que todo é unha gran mentira", subliñou López Corbacho e acusou a ambas as institucións de "incompetencia manifesta".

Tamén critica a visita da semana pasada do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á factoría veciña da firma industrial Resonac, antiga Showa Denko. "Préstase a dicir que son interesantes os terreos de Alu Ibérica e esa mesma semana a poxa queda deserta", proseguiu.

López Corbacho insistiu en que o persoal segue "sen cobrar un só euro das súas indemnizacións" a pesar de que o seu despedimento produciuse hai un ano e indicou que o fondo salarial Fogasa debería adiantar parte destas cantidades, pero non o fixo. Indica que o Fogasa debería "poñerse as pilas" neste momento de "situación dramática" porque "quedan sete meses de desemprego á maioría do persoal".

Audios asociados

Rolda de Prensa ex-Comité AluIbérica