CCOO de Industria | 9 mayo 2024.

A loita no Metal de Lugo consegue arrancar á patronal un principio de acordo cunha suba salarial do 14,5%

  • CCOO, CIG e UGT convocan mañá ás 7:30 asemblea para valorar a proposta.

O preacordo consegue ademáis de manter o poder adquisitivo unha prima de convenio no 2022 e a cláusula de revisión salarial con atrasos.

01/06/2023.
Folga do Metal de Lugo no seu cuarto día de folga.

Folga do Metal de Lugo no seu cuarto día de folga.

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT, convocamos aos traballadores e traballadoras do Metal e do Comercio Metal da provincia de Lugo, para valorar a proposta que presentou esta mañá a patronal destes convenios na mesa de negociación e trás as oportunas aclaracións e explicacións, será sometida a votación en asemblea este venres día 02 de xuño de 2023, a partir das 7:30 h., na explanada de Hierros Ferreiro no Polígono do Ceao. 

Despois de catro días de folga, a patronal avanzou por fin na súa oferta posibilitando acadar unha proposta de acordo que será sometida mañá venres a valoración da asemblea de traballadoras e traballadores. Se o persoal ratifica a proposta, procederase á desconvocatoria inmediata da xornada de folga de mañá e seguintes e no caso de non validar a oferta, o calendario de folgas desenvolverase como estaba previsto. 

Na proposta de acordo acadada na reunión da mesa de negociación celebrada hoxe, a patronal ofrece un incremento salarial para 2022 igual ao IPC dese ano, é dicir o 5,7%, garantindo así a recuperación do poder adquisitivo. Para 2023 a suba será do 3,5% e para os seguintes anos de convenio, 2024 e 2025, do 2,65% respectivamente. No conxunto da vixencia do convenio o incremento dos soldos será do 14,5%. 

  • Incremento salarial:

Incremento do 14,5% no conxunto de vixencia do convenio 2022-2025.

2022.- 5,7%

2023.- 3,5%

2024.- 2,65%

2025.- 2,65%

  • Prima convenio 2022

Importe de 865€

  • Cláusula de revisión salarial

Cláusula de revisión anual con garantía do IPC real con atrasos ou efectos retroactivos "ao corte", isto é, a partires do primeiro mes no que o IPC real supere o incremento pactado para cada anualidade.

Documentación asociada
Documentación asociada