CCOO de Industria | 3 diciembre 2024.

CCOO Industria Galicia sinala a Enrique Mallón como culpable da situación vivida no Convenio do Metal de Pontevedra

  • O sector leva 2 días de folga onde os traballadores e traballadoras paran de forma claramente maioritaria.

CCOO Industria Galicia sinala a Enrique Mallón, Secretario Xeral de ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia) como culpable da convocatoria de folga e das repercusións que ésta está a xerar no sector Siderometalúrxico na Provincia de Pontevedra.

21/06/2023.
2º día de Folga no Metal de Pontevedra

2º día de Folga no Metal de Pontevedra

A Federación de Industria de CCOO de Galicia, ante as manifestacións vertidas por parte da patronal do sector siderometalúrgico por mor da convocatoria de folga e das repercusións que as mesmas xeran na imaxe proxectada do sector, realizamos as seguintes consideracións: 

A convocatoria de folga vén precedida polo bloqueo sistemático da patronal, que despois de 11 reunións de negociación bloqueou calquera tipo de acordo levando a unha convocatoria de folga por parte de unidade das centrais sindicais por inacción dos mesmos.

Esta federación sinala a Enrique Mallón como culpable das mesmas, que aínda a propósito da convocatoria, tentou ningunear e menosprezar á representación social na mesa negociadora deixando o único camiño de desbloqueo ás devandita convocatorias.

Que CCOO Industria, somos firmes defensores da industria e do emprego, iso si, un emprego de calidade e de alto valor engadido cunhas condicións dignas para as persoas traballadoras do sector.

Desde esta Federación seguiremos reivindicando un acordo que mellore substancialmente as condicións de vida e de traballo, e emprazamos a Enrique Mallón a que modifique a súa postura, xa que é o único responsable de que a día de hoxe e despois de 6 meses de negociación e dúas xornadas de folga consumidas e 3 dias a máis convocados siga nunha actitude de culpabilizar e non buscar un acordo que alcance as reivindicacións lexítimas que necesitan os traballadores e traballadoras do sector