CCOO de Industria | 19 septiembre 2024.

O Metal de Vigo recrudece a súa loita despois das cargas policiais que lles impediron manifestarse no IFEVI

  • A situación deixou numerosos feridos, entre eles, Celso Carnero, Secretario Xeral de CCOO Industria Vigo.

A forza obreira do metal de Pontevedra vai en aumento, mentras, a Patronal do Metal de Pontevedra e as Autoridades Políticas que deberían intentar chegar a unha solución, cargan e arremeten duramente contra a reclamación lexítima das traballadoras e traballadores.

22/06/2023.
Cargas policiais durante a Folga do Metal de Pontevedra

Cargas policiais durante a Folga do Metal de Pontevedra

Durante estas 2 últimas xornadas de Folga no Metal da provincia de Pontevedra, a tensión foi en aumento, o que desencadeou en cargas policiais que impediron que os traballadores se manifestasen nas inmediacións do IFEVI, onde se celebraba hoxe a feira MindTech organizada pola patronal.

A pesar de que os traballadores contaban coa comunicación en tempo e forma para a manifestación, as autoridades impedironlles o acceso para manifestarse, o que rematou en cargas policiais e que os traballadores se acabasen dispersando para lograr chegar por outras zonas, incluso por monte a través.

As autoridades non dubidaron en responder coa forza para impedir o acceso ó lugar da manifestación e comezaron a disparar con pistolas de bolas de goma, o que fixo que os manifestantes rematasen dispersandose cara a AP-9 e cortando árbores para cortar o acceso á mesma e provocando que a policía tivese que cortar o tráfico.