CCOO de Industria | 2 octubre 2023.

O Comité de Empresa de Pescanova solicita a Suspensión Cautelar do inicio de Despido Colectivo.

    O Comité de Empresa, tras o comunicado recibido por parte da Empresa o pasado mércores 6 de setembro do presente ano, onde lles comunicaban a intención por parte da compañía de iniciar un procedemento de despedimento colectivo, o Comité de Empresa, Pescanova España, S.L.U., Centro Comercio e Back-Office Chapela unha vez valorada dita comunicación, o trasladan as seguintes consideracións:

    13/09/2023.
    Solicitude Suspensión ERE Pescanova

    Solicitude Suspensión ERE Pescanova

    1. Con anterioridade á presentación deste procedemento non tivemos a oportunidade de poder tratar a situación da empresa e sendo a medida que nos trasladan tan lesiva para as persoas traballadoras, INSTAMOS Á EMPRESA A QUE SUSPENDA TEMPORALMENTE O INICIO DE CALQUERA EXPEDIENTE DE DESPEDIMENTO COLECTIVO, para abrir unha fase de negociación na o procura de solucións alternativas e de consenso que cubran as necesidades actuais da compañía.
    2. A nosa preocupación é máxima, por iso emprazamos á Empresa a unha negociación sen condicionantes de tempo nin presións, buscando unha solución pactada fora deste procedemento hostil, mantendo o bo clima social e de diálogo, cunha negociación de boa fe, tanto para a Empresa como para as persoas traballadoras, rexeitando o conflito e calquera medida traumática, e chegar a solucións permanentes estruturais.
    3. Esta compañía ten retos importantes nas próximas datas, onde unha situación deste calado pode poñer en perigo a Marca e a propia Compañía, restando viabilidade, rendibilidade presente e futura a este gran Grupo Empresarial Galego.

    Por todo o exposto, e porque estamos dispostos a asumir os desafíos que nos veñen, considerando que hai suficientes vimbias para chegar a un punto de encontro, SOLICITAMOS QUE SUSPENDAN PREVENTIVAMENTE A MEDIDA COMUNICADA, para poñernos a traballar en solucións para exceder estas dificultades con responsabilidade e en beneficio de todos.