CCOO de Industria | 27 abril 2024.

CCOO Industria A Coruña denuncia o incumprimento do Convenio na empresa NERVIÓN INDUSTRIES

    Comisións Obreiras de Industria levará a cabo unha concentración diante do Complexo Industrial de Repsol en Meicende o próximo día 26 de setembro en horario de 17:30 a 18:30 horas para denunciar o incumprimento do Convenio por parte da empresa NERVIÓN INDUSTRIES, auxiliar que presa servicios de mantemento no complexo industrial de Repsol.

    22/09/2023.
    NdP Concentración Nervión

    NdP Concentración Nervión

    Comisións Obreiras de Industria levará a cabo unha concentración diante do Complexo Industrial de Repsol en Meicende o próximo día 26 de setembro en horario de 17:30 a 18:30 horas. 

    O motivo da concentración e denunciar o incumprimento do convenio colectivo de sidero por parte da empresa NERVIÓN INDUSTRIES, auxiliar que presta servicios de mantemento no complexo industrial de Repsol. 

    Nervión Industries NON abona o PLUS de TOXICIDADE, PENOSIDADE ou PERIGO que reflicte o artículo 46 do Convenio. Dito plus si se abona en outras auxiliares que tamen prestan servicios no mesmo complexo industrial, en Xuño de este ano tentouse sen fortuna dar solución a este incumplimento a través do AGA, a empresa declinou a arbitraxe, en cambio non foi asi coa empresa Masa Galicia con que si chegamos a acordoo no Aga para a súa aplicación. 

    Se está a permitir o incumprimento do convenio no seu art 46 e desde Repsol deben esixir ás súas auxiliares o cumprimento do mínimo necesario que é o convenio. 

    Existe demanda por conflito colectivo no xulgado da coruña por estes motivos, demandando tanto á empresa auxiliar como á principal e estando xa marcado o día de xuízo para o 3 de outubro. 

    S. Comarcal Comisións Obreiras de Industria. 

    Para máis información:

    Arturo Julián. 615890352