CCOO de Industria | 27 abril 2024.

Comisións Obreiras de Industria convoca folga na empresa (SAGA), Sistemas de Almacenaxe de Galicia, empresa que presta servizos de montaxe para o Grupo Inditex.

  • Saga monta estruturas de almacenamento nas tendas do grupo téxtil de Arteixo e a folga de carácter indefinido terá como día de inicio o xoves 28 de setembro.

O mesmo día Xoves 28 levará a cabo unha concentración diante da sede e instalacións do Grupo Inditex en Arteixo en horario de 11:30 a 12:30 horas. 

27/09/2023.
NdP Convocatoria Folga SAGA

NdP Convocatoria Folga SAGA

Saga leva tempo interpretando arbitrariamente o convenio colectivo, convenio que é de aplicación despois dunha arbitraxe no AGA. A empresa xa foi denunciada por vulneración de dereito no que respecta ao desenvolvemento das tarefas do Delegado de Persoal, e á Inspección de traballo en diversas materias entre elas a obrigación á realización de horas extra. 

Tentouse en varias ocasións reconducir a situación pero o resultado foi nulo pois a empresa segue interpretando o convenio como lle convén. 

S. Comarcal Comisiones Obreras de Industria. 

Documentación asociada
Documentación asociada