CCOO de Industria | 4 mayo 2024.

As traballadoras e traballadores de PESCANOVA acordan emprender accións que se levarán a cabo nas próximas semanas

    Protestan polo ERE inxusto cara un colectivo da empresa que leva no seu ADN a marca Pescanova.

    29/09/2023.
    Asemblea ERE PESCANOVA

    Asemblea ERE PESCANOVA

    A representación do persoal nesta mesa de negociación está formada por 13 persoas, das cales CCOO conta con maioría, que valorará a documentación que a empresa achegou para xustificar os motivos que a levaron a impulsar o ERE e que contempla despedimentos en catro empresas, tres do centro de Chapela (Pontevedra) e unha de Madrid. 

    Aínda que a compañía xustifica o ERE por causas organizativas e económicas e para asegurar a sustentabilidade da empresa, o sindicato cre que deben aplicarse prexubilacións ou baixas incentivadas, así como realizar un estudo dos perfís que persegue Pescanova para esa reestruturación, nun persoal que conta cunhas 330 persoas traballadoras.

    Ademais, CCOO denunciou que estes despedimentos poden ser froito do proceso de venda da compañía á canadense Cooke, que compite con Pescanova no sector da alimentación. Un sector que para CCOO de Industria é fundamental para a economía do noso país, pero que non se valora.

    Como primeira medida, o próximo 3 de outubro, o persoal afectado polo ERE estará en CONXEMAR, para dar visibilidade a este colectivo.

    A próxima reunión será informativa e terá lugar o 5 de outubro para, posteriormente, retomar as negociacións o día 26.