CCOO de Industria | 5 mayo 2024.

FONDA TRISTURA EN CCOO INDUSTRIA VIGO POLO FALECEMENTO DE CRISTÓBAL PARDO DEL RÍO

    Este pasado fin de semana faleceu Cristóbal Pardo, traballador do sector naval vigués e delegado sindical de CCOO desde fai máis de 25 anos.

    31/10/2023.
    DEP Cristóbal Pardo del Río

    DEP Cristóbal Pardo del Río

    Unha enfermidade levou prematuramente a un compañeiro xeneroso, leal e solidario que durante varias décadas defendeu os intereses da clase traballadora.

    Cómpre lembrar que foi representante de Comisións Obreiras na última negociación do Convenio provincial do Metal e foi un máis dos miles de traballadores que encheron as rúas en defensa dun convenio xusto.

     

    CCOO Industria lamenta profundamente o falecemento de Cristóbal e traslada o pésame á súa familia e amizades.