CCOO de Industria | 28 abril 2024.

Homenaxe a Paz Pena na Coruña, o 17 de novembro

    A Unión Comarcal de CCOO da Coruña organiza unha homenaxe a José Luis Paz Pena, falecido en marzo do 2020. Será o vindeiro 17 de novembro, ás 10 horas, no salón de actos do sindicato.

    10/11/2023.
    CCOO homenaxeará a Paz Pena o vindeiro 17 de novembro

    CCOO homenaxeará a Paz Pena o vindeiro 17 de novembro

    Traballador xubilado de Alcoa-A Coruña, o sindicalista coruñés desempeñou diferentes responsabilidades no sindicato, tanto na Federación de Industria como na Unión Comarcal da Coruña, da que chegou a ser secretario xeral.

    Pola súa traxectoria e compromiso, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Fundación 10 de Marzo galardoárono en 2013 co Premio 10 de Marzo xunto a outros dous compañeiros, tristemente tamén falecidos, Xoaquín Álvarez Corbacho e Xan María Castro.

    Debido a que o pasamento de Paz Pena se produciu en plena pandemia, non se lle puido tributar no seu momento a homenaxe prevista.