CCOO de Industria | 22 mayo 2025.

O comité de empresa de Ángel López Soto (Alfrio) convoca 5 días de folga para desbloquear a negociación do convenio

  • O centro de traballo de Angel López Soto S.L. de Couso, Ribeira, pertencente ó Grupo Alfrio irá á folga a partir do 8 de novembro

As 140 persoas traballadoras do Centro de Traballo de Couso, Ribeira, irán á FOLGA o próximo día 8 de novembro se non se desbloquea a negociación do seu Convenio Colectivo.

04/11/2024.
Angel Lopez Soto

Angel Lopez Soto

O Comité de Empresa, formado polo sindicato CCOO, CIG e CUT, convoca FOLGA para o total da plantilla de unhas preto de 140 traballadoras e traballadores no Centro de Traballo de Couso en Ribeira e que pertence ó Grupo Alfrio.

Despois de levar a cabo diversos intentos de negociación coa dirección de empresa para lograr melloras no seu Convenio Colectivo, o Comité convoca folga indefinida para os seguintes días e horas: indefinida a partir das 00,00 horas e durante toda a xornada dos días 8,14,22,28 de novembro e 5 de decembro de 2024.